Fernando Guitián víctima dun comportamento “nazi”

Os pasquins espallados no noite pasada polas rúas de Gondomar e o proceder das ratas de sumidoiro. Igual que ratas de sumidoiro son os que nunca se foron e volveron da maneira mais desprezable posible, baixo o anonimato, as agachadas como miserables covardes, aproveitándose da escuridade da noite e tranquilidade dun pobo, cometen unha das maiores tropelias co intento de difamación sobre a honorabilidade dunha persoa.

De seguro que os autores deste atentado, tan vil como o dun terrorista, tratan de sacar rédito político e non é moi desatinado que algún dos autores “intelectuais” (isto é moito presupor) ou materias deste feito, postúlense como a garantía para rexer os destinos deste concello a partires do 22 de maio próximo seguindo as pautas do seu maestro Göebels: ¡ difama que algo queda ...! Hoxe non podía deixar de amosar todo meu apoio a Fernando Guitián, como ciudadan que usa do dereito democrático de presentarse como candidato a Alcaldía por un determinado partido político.

Hoxe todos os homes e mulleres de boa fe, a meirande maioría deste pobo, debemos de amosarlle ese apoio, lonxe das ideas de cada un. E para vos, cuadrilla de mal nacidos e covardes miserables a meirande dos desprezos, sodes peor que a escoura.

Alfonso Javier De Lis Fiuza.