Carta aberta a D. José Riesgo Boluda

O concelleiro de Urbanismo e primeiro tenente de alcalde do Concello de Gondomar ten ben dicirlle que sobre a miña intervención no derradeiro pleno que fixen a titulo persoal, da cal din unha copia integra da mesma para a súa incorporación a acta axuntando diversa documentación, non atopa ningún motivo para rectificar a mesma, xa que nese escrito relatase unha situación insostible e uns feitos constatables no tempo dende que accedín a ter responsabilidades de goberno o 13-07-09, das cales vostede estaba o tanto.
Na defensa corporativista que fai vostede nos medios de comunicación das funcionarias “presuntamente descalificadas”, entre outras cousas trátame de insolente, e que fago acusacións gravísimas contra as mesmas, polo que baralla querelarse contra min. Si vostede atopa motivos para querelarse, naturalmente pode facelo, pero ha de ter en conta que na querela tamén aportarase diante do xulgado documentos que non foron referidos na miña intervención.
Con respecto a exixencia da responsabilidade no actuar dos funcionarios ¿Qué lle parecería a vostede si un escrito urxente acompañado da correspondente documentación asinado polo alcalde o 25-10-10 é rexistrado con data de saída o 11-11-10 , o parecer por falta de tempo do funcionario responsable?
Cando digo que vostede estaba o tanto da situación kafkiana que estaba e está a vivir o noso concello cos servicios xurídicos, os feitos remítome. Fagamos un pouco de memoria. Lembrase que o día 03-03-10 tivemos unha xuntanza nun céntrico hotel de Vigo, requirida por vostede, xa que os devanditos servicios xurídicos lle habían trasladado un malestar, que como quedou patente, nesa xuntanza, era ficticio, unha vez que vostede escoitou de viva voz a nosa versión (nesa xuntanza estibemos tres membros do goberno e vostede en compañía do Sr. Secretario do Concello de Nigrán). Lémbrese tamén que o recado que vostede traia da Sra. Secretaria é que quería a cabeza do funcionario D. Manuel Soliño Troncoso, o que eu opusenme frontalmente. Rematou a xuntanza, quedando vostede en chamarnos a sema seguinte, xa que se ia a reunir cos referidos servicios, aínda hoxe nos atópamos agardando a chamada.
Lembrase vostede que o día 30-08-10, a petición de quen isto subscribe, volvemos a manter outra xuntanza no mesmo hotel, (na cal estibemos catro membros do goberno), requirida por min, onde se lle trasladou a situación insostible que se estaba a vivir e púxenlle enriba da mesa documentos fehacientes que corroboraban dita situación. Acordase, non daba crédito do que estaba a escoitar e puido comprobar nos papeis aportados. Resposta de vostede resumida, “hai que ter paciencia”.
Mire Sr. Boluda, o delito que cometeu este concelleiro foi por negro sobre branco unha situación da que vostede era coñecedora e que toda acción de goberno sufre, e estar calado e ser cómplice de algo que redunda perxudicialmente os intereses xerais do concello e dos seus administrados. Todo o que eu reflectín neses papeis e “vox populi” , o que pasa que ata agora ninguén se atreveu a dicir.
Por todo o exposto, sómente dicirlle que non é certo que o reflectido “carece do mais mínimo rigor material e formulásese cun claro obxectivo intimidatorio”, lonxe da realidade, o que acontece e que as veces a verdade é teimuda e revirase contra aqueles que queren negar a evidencia dos feitos.
O seu dispor.



Alfonso Javier De Lis Fiuza
1º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo do Concello de Gondomar

Nota: Por erro, onde di “Sr. Secretario do Concello de Nigrán” debe dicir “Sr. Interventor do Concello de Nigrán”. Faise esta aclaración xa que este texto foi remitido a diversos medios de comunicación coa errata sinalada. Desculpas.